"Tíbet" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
-
Relativo ou pertencente a China e a Tibet, conxuntamente, e ás linguas sino-tibetanas.
-
Phylum de linguas do SL de Asia. Comprende linguas como o chinés, o tibetano, o birmano, o bárico e o carénico. Algúns autores tamén inclúen nela as linguas miao e yao, faladas en diversos lugares do SO de China. OBS: Tamén se denomina linguas indochinesas.
-
-
REXIÓNS
Rexión de Asia central fronteiriza polo S con India, Nepal e Bhutan que constitúe actualmente un zizhiqu de China (1.200.000 km2; 2.620.000 h [2000]). A súa capital é Lhasa. Está constituído por un vasto altiplano setentrional, o máis alto e o máis extenso do mundo (con altitudes de 5.000 m), rodeado de altas cordilleiras como o Altin Tagh e o a Nan Shan ao N, o Karakorum ao O, o Himalaia ao S e as montañas de Sichuan ao L. O clima é continental e rigoroso, influído pola altitude, e as precipitacións son escasas. Nos vales periféricos do S e o L nacen os ríos Indo, Brahmaputra, Mekong, Salween, Iang-Tsé e Huang He. Predominan as concas pechadas, que dan lugar a numerosos lagos, a maioría salgados. A vexetación, moi rica no val do Brahmaputra, ten carácter polar ou desértico nos relevos e nas concas do centro. A poboación, escasa, concéntrase no SL. A actividade principal é a gandaría seminómade de ovellas, cabras e cabalos, que proporcionan carne, leite...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente ao Tíbet, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante do Tíbet.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo tibetano.
-
Individuo do pobo tibetano.
-
Pobo de etnia mongola, con notables diferenzas étnicas segundo as rexións, que habita na rexión autonóma do Tíbet e en boa parte das provincias chinesas de Sikang, Quinghai e Sinkiang, no Ladākh e no Sikkim (India), en Nepal setentrional e en Bhutan.
-
-
Lingua do phylum sino-tibetano que falan os tibetanos. Presenta numerosas variacións dialectais. De estrutura monosilábica, son característicos os diversos niveis de tonalidade e a variedade de formas honoríficas segundo a posición do interlocutor. A escritura e a gramática foron elaboradas no s VII por T’on-mi Sam-bho-ṭa a partir da escritura india. Usan a escritura alfabética horizontal, de esquerda a dereita, e de puntuación intersilábica, e consta de 30 consoantes e 4 vogais.
-
Literatura cultivada en lingua tibetana. Eminentemente relixiosa, segue dous modelos ben definidos: o da India, para as obras de carácter ético e filosófico, e o de China, para as obras históricas. As primeiras obras de relevo (dos ss VII e VIII) son traducións do canon búdico, compiladas posteriormente (no s XIII) co nome de bKa’-’gwur, cuxos comentarios filosóficos formaron o bsTan-’gyur.
-
Arte musical cultivada no Tíbet. Tivo influencia chinesa, india, árabe e indonesia, e os instrumentos máis característicos son unhas trompas xigantes e outras constituídas con ósos humanos. A percusión consiste especialmente en timbais e címbalos. Os cantos búdicos son homófonos, coa participación de campás, e ademais de culto do templo, destacan as danzas de máscaras, C’am; os cantos de traballo, t’on-skad, e as cancións con danza, glu-gar.
-
...
-