"TECOR" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Físico nuclear italiano. Estudou na URSS, en EE UU, Canadá e Inglaterra. Traballou na Universidade de Roma con E. Fermi ata 1936, que marchou a París. Máis tarde, en Canadá, realizou buscas sobre os raios cósmicos e o tritio. Cidadán británico en 1948, en 1950 desapareceu, e cinco anos despois sóubose que investigaba na URSS sobre enerxía atómica en Dubna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico italiano, irmán de Bruno e Guido Pontecorvo. Dirixiu La grande strada azzurra (1957), Kapó (1959) e La battaglia d’Algeri (1966), filme gañador do Festival de Venecia. Grazas a este éxito puido rodar Queimada (1969), en que critica o colonialismo, e Ogro (1979), sobre o atentado contra o almirante Carrero Blanco. Na liña de testemuña política dirixiu The Devil’s Bishop (1987). Outros filmes destacados son Nostalgia di protezione (1997) e Firenze, il nostro domani (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xenetista, irmán de Bruno e Gillo Pontecorvo. Naturalizouse británico e estivo moitos anos vinculado ao departamento de xenética da University of Glasgow. Destacou no estudo dos sistemas da análise xenética e os procesos de recombinación xenética.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo Cinexeticamente Ordenado.