"Teodosia" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Compilación de constitucións imperiais romanas promulgada por Teodosio II e Valentiniano III ata o ano 438, e para a metade occidental do Imperio. Composto por dezaseis libros divididos en títulos, tiña unha finalidade docente, pero tamén se empregou como base lexislativa na interpretación do ius e da lex. Consérvase dun xeito fragmentario a través do Breviario de Alarico e da Lex Romana Visigothorum. Tentaba ser o mellor exemplo na tendencia oficial cara a unha estabilización do dereito romano, que culminou con Diocleciano. Foi derrogado a comezos do s VI polo Emperador Xustiniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colonia grega fundada no s IV a C e que actualmente ocupa a cidade ucraína de Teodosija.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do grego Theodosios, de theós ‘Deus’ e dosis ‘acción de dar, dose’, derivado de didomi ‘dar, regalar’, co significado de ‘dado por Deus, agasallo de Deus’.

    VER O DETALLE DO TERMO