"Tirol" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Libro litúrxico que contén o nome dos santos, xunto á historia do seu martirio, por orde dos días do ano. É unha evolución do calendario, do que se diferenza polo seu carácter máis universal. Na Idade Media formáronse os martiroloxios históricos, dos que destacan o de san Beda o Venerable e o de Adón de Viena. O cardeal Cesare Baronio editou o Martyrologium Romanum (1586).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión dos Alpes orientais, dividida entre os estados de Austria (Tirol ou val do Inn e Tirol Oriental ou cabeceira do Drava) e Italia (Tirol do Sur ou cabeceira do Adige). É un territorio moi montañoso que se estende entre Baviera, ao N, e o Trentino ao S. Distínguense unha serie de macizos formados por rochas metamórficas, continuación da zona axial da gran cordilleira alpina, con alturas superiores a 3.000 m, como Ortler (Ortles), Öztaler, Zillertal, Brenner e Tauern. A ambos os lados destes esténdense os Prealpes calcarios, e na zona de contacto estrutural entre ambos os dous macizos inscríbense os lonxitudinais vales do Inn e do Drava. O val do Inn é o eixe vital da rexión do conxunto alpino. A maioría dos habitantes primitivos de Tirol eran de orixe iliria. O cristianismo conseguiu enraizar pouco a pouco a partir das antigas fundacións romanas. Durante o s VI Tirol foi poboado polos bainvarii (os primitivos bavareses), que entraron en contacto, ao S de Bozen, cos longobardos e cos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Austria, situado entre Alemaña ao N, Vorarlberg ao O, o estado italiano ao S e Salzburgo ao L (12.647 km2; 675.063 h [2001]). A súa capital é Innsbruck. Comprende a alta conca do Inn e o Tirol Oriental, que corresponde ao distrito de Lienz. A poboación vive dunha escasa agricultura e da explotación forestal e gandeira. A abundancia de enerxía hidroeléctrica e unha tradición artesanal, xunto coa explotación de xacementos de sal, magnesita e cobre, orixinaron unha industria diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ertente meridional da rexión fisiográfica de Tirol que corresponde á provincia italiana de Bozen. Identifícase coa alta conca do río Adige (Etsch) e comprende tamén unha pequena parte de Pustertal. A explotación dos bosques e a gandaría son, xunto co turismo, os recursos económicos principais. A capital é Bozen, e outros centros importantes son Merano e Bressanone. Corresponde historicamente ao territorio do principado eclesiástico medieval de Brixen, disputado constantemente por Tirol e por Venecia. Despois da Primeria Guerra Mundial, en 1919 foi integrado na provincia italiana da Venecia Tridentina. Os conflitos da poboación, maioritariamente de fala xermánica, co centralismo italiano, non se fixeron agardar. O nacemento do Südtiroler Volkparteir en 1945 e os compromisos tomados con Austria en 1946 levaron ao estatuto de autonomía da rexión Trentino-Alto Adige en 1948. En 1970 S. Magnano, xefe do partido surtirolés, obtivo novas concesións en canto ao uso da lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte suroriental do land austríaco de Tirol, do que está separado polo Tirol do Sur ou rexión italiana do Trentino-Alto Adige. A súa capital é Lienz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Tirol ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Tirol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión onomatopeica que representa o son dunha gaita.

    VER O DETALLE DO TERMO