"Toquio" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CAPITAIS
Capital de Xapón e do ken homónimo (8.013.502 h [1998]). Situada ao SL de Honshū, está atravesada de N a S polo Sumida; ao S, esténdese ao longo da badía de Toquio, nunha área edificada continua ata Yokohama. A cidade prosperou no s XV e en 1868 trasladouse alí a capital. Durante o s XX foi reconstruída despois do terremoto de 1923 e tras a Segunda Guerra Mundial. Ten a área metropolitana máis grande do mundo, o Gran Toquio, con cidades satélites na periferia como Chiba, Kawagoe, Machida ou Fijisawa. O núcleo central comprende a cidade alta, Yamata, onde se atopan as principais institucións culturais (unhas 30 universidades), e a cidade baixa, Shitamachi, centro comercial e industrial. Cara ao S, esténdense, máis ou menos continuo, a industria pesada de metalurxia, maquinaria, cemento, química, caucho, materiais da construción, refinarías de petróleo e estaleiros. Ata o s VIII non había edificios nas súas proximidades. As loitas feudais do s XII fórona desprazando cara ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Honshū, Xapón (2.166 km2; 12.064.101 h [2000]). Forma unha conurbación coa súa capital, Toquio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia do GATT celebrada en Toquio entre 1973 e 1979 en que se acordou reducir nun terzo os dereitos de aduana nos nove principais mercados industriais do mundo.