"Tunes" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Militar. Teórico e ideólogo da Revolución dos Caraveis (1974) que se alzou contra a ditadura militar na procura dun réxime democrático en Portugal. Evitou unha guerra civil durante o denominado “verán quente” (1975) ao redactar e promover o Documento dos Nove, manifesto que defendía o réxime democrático e o programa do Movimento das Forças Armadas (MFA), máis coñecido co nome de Movimento dos Capitaẽs Avril. Foi membro do Consello da Revolución, ministro sen carteira nos primeiros gobernos revolucionarios e titular de Asuntos Exteriores (1975-1976), en sucesión de Mário Soares, e subdirector xeral da Unesco.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Tunisia e da wilāya de Tunes (674.142 h [1994]). Non só é a capital política e intelectual, senón tamén o corazón da vida económica do país. O porto, construído no lago, está unido ao mar por un canal de 10 km de lonxitude, en cuxo extremo está o anteporto de La Goulette. A función portuaria e as necesidades da aglomeración urbana levaron ao desenvolvemento das actividades industriais, localizadas preto do porto, nos suburbios. Primitiva praza forte (Tynēs) que protexía Cartago, pasou ao dominio de Roma (144 a C). Capital do reino vándalo de África (450-533), foi conquistada polos bizantinos (533) e os musulmáns (695), e converteuse no centro económico da rexión musulmá de Ifriquiya durante toda a época aglábida (s IX). Durante a dominación fatimita (s X) converteuse nun dos focos máis importantes da resistencia ortodoxa contra a doutrina xiíta. Incluída sucesivamente nos imperios almorábide e almohade (ss XI-XII),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (346 km2; 985.300 h [estim 2004]). A súa capital é Tunes.
-
-
Relativo ou pertencente a Tunes ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tunes.
-