"Urais" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo comunitario que se encarga do financiamento dos investimentos que programa e xestiona a Comisión Europea. Ten como obxectivo a consolidación do principio de solidariedade entre os estados membros, o desenvolvemento harmonioso da comunidade e a superación dos problemas de adaptación ao mercado interior. As súas accións diríxense cara a política agrícola común, as áreas atrasadas, as zonas industriais en declive, o emprego xuvenil e o paro. Dentro deste organismo están o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola (FEOGA) e o Fondo Social Europeo (FSE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de planificación que ten como finalidade a adecuación da xestión dos recursos naturais e, en especial, a dos espazos naturais e das especies que se queren protexer, aos principios de mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, de preservación da diversidade xénetica, da utilización ordenada dos recursos e da preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe. As directrices fixan limitacións de usos nos espazos e establecen normas de uso racional para a conservación, restauración e mellora dos recursos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en que se integra A Nosa Terra Edicións, dirixida por Cesáreo Sánchez. Edita o semanal A Nosa Terra, dirixida por Afonso Eiré, o boletín trimestral Cadernos monográficos de pensamento e cultura, e as publicacións semestrais A Nosa Cultura e A Nosa Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso que separa Europa e Asia. Constituído por unha faixa estreita que se estende entre as chairas de Rusia e de Siberia Occidental, desde o mar de Kara ao N, ata as estepas de Kazakhstán ao S, conta cunha lonxitude duns 2.000 km e unha anchura de 40-60 km, que só nalgunhas ocasións acada os 100 km. É unha antiga rexión mineira con grandes reservas minerais: ferro, cobre, níquel, cromo, aluminio, platino, ouro, sales potásicos, pedras preciosas ou asbesto. As oroxéneses que sufriu durante o Paleozoico Inferior e o Carbonífero Medio e os movementos tectónicos posteriores ocasionaron unha continuidade de elevacións e afundimentos. A vertente occidental descende suavemente cara á chaira rusa, mentres que a oriental faino con brusquidade cara á chaira de Siberia Occidental. O punto máis elevado correspóndese ao monte Narodnaja (1.894 m). O seu clima é zonal, atopando desde clima de tundra ao N ata o estepario ao S. A rede fluvial está menos desenvolvida na vertente occidental....

    VER O DETALLE DO TERMO