"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ur(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado da purina que se obtén a partir da hipoxantina por tratamento con pentasulfuro de fósforo. Actúa competitivamente fronte á 6-aminopurina (adenina) e inhibe a síntese dos ácidos nucleicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
-
Tipo de trasno nocturno, doméstico e trouleiro.
-
Rapaz que gusta de enredar, facer trasnadas ou falcatruadas que poden causar molestia aos demais ou dano a si mesmo.
-
Persoa que molesta coa súa actitude insolente e pesada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión empregada como fórmula de despedida cun matiz cariñoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ente adscrita á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia. Ten como obxecto a formación do persoal dos corpos de seguridade das administracións locais e autonómica (policías locais e policía autonómica) e dos servicios de protección civil. Ten a súa sede no concello da Estrada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 23 de marzo de 1967 por iniciativa do decano do Colexio de Avogados da Coruña, Manuel Iglesias Corral, e de varios membros da xunta de goberno do mesmo. Entre os primeiros académicos que a formaron cómpre sinalar a Paulino Pedret Casado, Pío Cabanillas Gallas, Carlos Martínez Barbeito, Isidoro Millán Mariño e Antonio Rosón Pérez. Estrutúrase en cinco seccións: Dereito Administrativo, Urbanístico e Agrario; Dereito Civil Mercantil e Canónico; Dereito Fiscal e Laboral; Dereito Penal e Procesal e Dereito Foral Galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no 1652 en Schweinfurt (Franconia, Alemaña) por G. L. Bausch. Dende 1878 está situada en Halle (Alemaña) coa denominación Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina. Está consagrada á recompilación de curiosidades médicas e biolóxicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de acetona na urina como consecuencia da acetonemia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abouxar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exceso de ácidos nos ouriños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia de pigmentos biliares nos ouriños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de turismo rural que consiste no aloxamento dos turistas nunha casa, situada no campo, e que acostuma acompañarse da súa participación nas actividades agropecuarias ou forestais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área do Alto Pireneo dunha superficie de 10.000 ha, declarada parque nacional no ano 1955. Comprende os vales de Sant Nicolau e Peguera, nos concellos de Espot e Barruera. No parque encóntranse numerosas lagoas e vales, e o cume máis alto é o Paladés (2.982 m). No nivel subalpino domina o bosque de piñeiro negro con matogueira. Tamén hai bosque de abetos e poboacións de bidueiros. En canto á fauna, pódense atopar cabras montesas, pitas do monte, perdices albares e troitas comúns. O plano de uso e xestión do parque foi aprobado no1993.
-
PERSOEIRO
Político vasco. En 1929 ingresou no PNV-EAJ (Partido Nacionalista Vasco) e foi membro do Euskadi Buru Batzar, órgano superior do partido. Defensor da legalidade republicana, viuse na obriga de asinar o pacto de Santoña (1937), polo que Bilbao se rendía e entregaba as milicias vascas ao corpo expedicionario italiano. Prisioneiro durante seis anos, en canto o ceibaron incorporouse á resistencia, destacando como un dos líderes das folgas de 1947 e 1951. Coa restauración das liberdades democráticas, foi un dos máximos impulsores da Fronte Autonómica, (formada polos partidos nacionalistas e o PSOE) nas eleccións de 1977, sendo elixido deputado por Bizkaia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neuropsiquiatra vasco. Foi catedrático de Psiquiatría da Universidade de Xenebra e director do hospital psiquiátrico de Bel Air na mesma cidade, que baixo o seu maxisterio se converteu nun centro de formación de sona internacional. Entre as súas obras destacan Le cortex cérébral (O córtex cerebral, 1960) e Manuel de Psychiatrie de l’enfant (Manual de psiquiatría do neno, 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produto higroscópico, obtido por hidrólise alcalina da alantoína ou ben condensado na urea con ácido glioxílico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación habitual, aínda que incorrecta, da proteinuria.