Eriophorum

Eriophorum
[PLANTA]

Xénero de herbáceas perennes e rizomatosas, da familia das ciperáceas, caracterizado por presentar flores hermafroditas provistas de numerosas sedas brancas, de ata 5 cm de lonxitude, que constitúen o periantio, de xeito que as espigas frutíferas ás que dan lugar teñen o aspecto de vistosos pinceis sedosos. Son propias de medios húmidos como as brañas. En Galicia está presente a especie E. angustifolium, que recibe a denominación popular de xunca de algodón.

Palabras veciñas

erinose | Erinus | eriocránido -da | Eriophorum | erisífaco | erisipela | erisipelatoso -sa