"Vaquero" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado no poñente de Granada e drenado polo Genil (3.974 h [1996]). A economía baséase na agricultura, na gandería e na produción de leite. Fundouse nel en 1882 a primeira fábrica de azucre de remolacha. Do seu patrimonio cultural destacan a casa museo de F. García Lorca e os secadeiros de tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Vaqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1927), realizou, entre outras obras, o Colegio Mayor América e a colonia obreira El Rayu en Oviedo, ademais de diversas centrais eléctricas en Asturias. En Santiago de Compostela realizou o Mercado (1937-1941) e a Escola de Traballo. Cultivou tamén a pintura (paisaxe e arquitecturas) e a escultura. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Ouro da Arquitectura (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Foi campioa de España de 3.000 m (1991 e 1992), 5.000 (1993 e 1996), 10.000 (1998) e de cross 7 veces consecutivas (1992-1998). Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) na proba de 10.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO