Fuente Vaqueros
Fuente Vaqueros
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado no poñente de Granada e drenado polo Genil (3.974 h [1996]). A economía baséase na agricultura, na gandería e na produción de leite. Fundouse nel en 1882 a primeira fábrica de azucre de remolacha. Do seu patrimonio cultural destacan a casa museo de F. García Lorca e os secadeiros de tabaco.