"Verís" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Relixioso francés. Foi bispo de Tréveris (332). Presidiu un concilio en Colonia e deu hospitalidade a san Atanasio e a san Paulo. Morreu en Poitiers, pero o seu corpo foi trasladado a Tréveris. A súa festividade celébrase o 29 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tréveris (?-486). Foi moi caritativo cos pobres. A súa festividade celébrase o 24 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania-Palatinado, Alemaña (97.200 h [1990]). Situada no val do Moselle, preto da fronteira con Luxemburgo, é unha cidade tranquila, centro do comercio vinícola do Moselle. Nos seus arredores explótanse minas de cobre e xacementos de xeso. Antiga Augusta Treverorum, fundada por Augusto (15? a C), foi capital de Bélxica e sede do legado e do procurador, con autoridade sobre as dúas Xermanias. Co ordenamento de Diocleciano converteuse en sede do césar de Occidente (Galerio) e centro político e cultural das provincias setentrionais do Imperio, onde todos os emperadores, desde Constantino, residiron moito tempo. Baixo Pipino I e Carlomagno recuperou o seu antigo esplendor, pero pronto decaeu a causa das loitas entre o conde e o bispo e do saqueo dos normandos. Establecéronse nela os beneditinos, que se esforzaron para impoñer os seus dereitos sobre a cidade fronte os dereitos do bispo que, despois de adquirir os dereitos do conde, se convertera en bispo príncipe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Irixoa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento literario que se difundiu en Italia durante o último decenio do s XIX e que tivo como modelos europeos o realismo ruso e inglés, e o naturalismo francés. Contribuíron a determinar os caracteres xerais da ideoloxía positivista, que opoñía ao elemento romántico-pasional a descrición científica da realidade, e a urxencia con que se impoñía, en toda Europa, a cuestión social. Luigi Capuana foi o teórico, e Giovanni Verga o seu representante máis destacado.

    2. Escola musical italiana xurdida no eido da ópera contra 1890, como resultado dunha evolución iniciada xa por Verdi, Boito e Ponchielli, pero manifestada por Pietro Mascagni, con Cavalleria rusticana, e Ruggero Leoncavallo, con I Pagliacci. Propugnaba o realismo escénico: supresión da abertura, numerosas personaxes episódicas, acción contemporánea -ou ben do s XVIII-, a utilización do intermezzo orquestral, “teatro dentro do teatro”, etc. Tiña como figura principal a Giacomo Pucini, seguido por U. Giordano, F. Cilea, F. Alfano e R. Zandonai. Fóra de Italia, o autor que máis influencia recibiu do verismo foi Jules Massenet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor brasileiro. Autodidacta, estreouse en 1932 co volume de contos Fantoches. A obra coa que acadou máis sona foi O Tempo e o Vento (1943-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao verismo.

    2. Seguidor do verismo.

    VER O DETALLE DO TERMO