"Versailles" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Yvelines, Francia, situada 20 km ao SO de París (84.726 h [1999]). A poboación desenvolveuse a partir de 1682, ao instalarse alí Luís XIV, e perdeu importancia ao trasladarse a corte a París. Ocupada polos prusianos durante a Guerra Franco-prusiana de 1870, desde 1871 instalouse nela o goberno francés, mentres durou a loita contra a Comuna de París. O palacio, que fora pavillón de caza de Luís XIII (1624), foi transformado nunha gran residencia por Luís XIV. As primeiras obras de remodelación foron da autoría de Le Vau, a escala arquitectónica, e Le Brun a escala decorativa. Le Nôtre encargouse do parque (1661-1668), que organizou como un xardín á francesa, con grandes avenidas flanqueadas con grupos de estatuas, xardíns, fontes monumentais e Le Grande (1687) e Le Petit (1762) Trianon. En 1679 encargóuselle a Jules Hardouin-Mansart unha nova ampliación, que se centrou principalmente na zona da fachada. Do interior destaca a capela real, de Mansart (1698-1710) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de axuda mutua entre Francia e Austria, asinado o primeiro de maio de 1756 como resposta ao Tratado de Westminster. Significou unha inversión no sistema de alianzas en Europa e deu paso á Guerra dos Sete Anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo entre Francia e Xénova, asinado o 15 de maio de 1768, que consagrou a anexión francesa de Córsega. Xénova, que era incapaz de dominar a rebelión de Pasquale Paoli, permitiu a presenza de tropas francesas desde 1764, e cedeu os seus dereitos de soberanía sobre a illa a cambio dunha compensación económica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo entre Reino Unido, Francia, España e EE UU, asinado o 3 de setembro de 1783, que puxo fin á Guerra de Independencia Norteamericana. Reino Unido recoñeceu a independencia de EE UU e concedeulle amplos dereitos de pesca en augas canadenses. Ademais, cedeu a Francia diversos territorios, mentres que España recuperou Florida e Menorca, aínda que non Xibraltar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo que puxo fin á Primeira Guerra Mundial. Segundo os resultados da Conferencia de Paz de París, foi asinado o 28 de xuño de 1919 por Alemaña e as potencias gañadoras: Reino Unido, Francia, EE UU, Italia e Xapón, coa adhesión doutros países. Alemaña perdeu o seu imperio colonial, cuxa administración pasou a depender da Sociedade de Nacións. Cedeu os territorios de Alsacia e Lorena, recuperados por Francia -que tamén pasou a controlar a explotación das minas do Sarre-, Prusia Occidental e Poznań, mentres que Danzig se converteu nunha cidade libre. En concepto de reparacións de guerra, impúxoselle a Alemaña o pagamento dunha cifra elevada, desmantelouse o seu exército e prohibíuselle contar con forzas aéreas, así como a súa unificación con Austria. O acordo completouse con outros tratados cos restantes vencidos: Austria (Tratado de Saint-Germain-en-Laye), Bulgaria (Tratado de Neuilly), Hungría (Tratado do Trianon) e Turquía (Tratado de Sevres).