"Vichy" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Allier, Francia, situada no val medio do río Alier (26.528 h [1999]). Importante centro turístico e estación balnearia de augas termais, ten industrias de embotellamento e distribución da auga, farmacéuticas e de cosméticos. Tomou o nome da auga mineral de Vichy. Foi a capital do estado francés entre 1940 e 1944.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que se coñeceu o poder executivo establecido polo mariscal H. P. O. Pétain entre 1940 e 1944 en Vichy na zona non ocupada. Foi un réxime autocrático, antirrepublicano e totalitario. Coa ocupación alemá do sur de Francia (1942), foi un instrumento en mans de Hitler. Coa liberación de París, o goberno aboliuno.