"Ya" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 670.
-
PERSOEIRO
Imán do Iemen (1948-1962). Iniciou unha política de aproximación ás potencias occidentais. Non obstante , a presión dos grupos nacionalistas e reformadores, fixo que A ḥ mad estreitase a alianza cos países árabes e socialistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de Etiopía ao SO do país, na fosa tectónica do Rift Valley, a 1.169 m de altitude (1.261 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre mourisco granadino. No ano 1568, logo de abdicar do Cristianismo, uniuse á rebelión dos mouriscos das Alpujarras, que o elixiron rei polos seus antecedentes omeias. Foi asasinado polo seu curmán Aben Aboo, quen se apropiou do seu título de Rei dos andaluces. O seu nome cristián era Fernando de Córdoba e Válor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cabalista hebreo residente en Tudela (Navarra). Proclamouse Mesías en Sicilia (1290) motivo polo que foi censurado polo rabí Šělomón ben Adre ṭ de Barcelona. É autor de abondosas obras de carácter cabalístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Abraham ludaeus Savasorda (Barcelona s XII) Matemático, astrónomo e filósofo hebreo. É autor de diversos tratados e de numerosas obras matemáticas e astronómicas que contribuíron á difusión da ciencia arábiga no mundo occidental. En 1116 escribiu en hebreo unha obra sobre xeometría práctica.
-
PERSOEIRO
Filólogo e comentarista alcoránico granadino, representante da tradición magrebí. É autor da primeira gramática do turco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e xornalista libanés. Editor de revistas en lingua árabe nos EE UU. A maior parte da súa obra está recollida en Diwan (1919) e Tibr wa-turāb (Pedra e po, 1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor libanés. Foi o máis destacado representante da escola realista no seu país. Cultivou a literatura existencialista e sobresaíu tamén como tradutor e ensaísta. Entre as súas obras cómpre mencionar Galwa’ (1945), mostra do seu compromiso social e anticlericalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador tuxíbida de Zaragoza. Axudou a Abd al-Ra ḥ mān III de Córdoba contra os cristiáns na recuperación de Toledo, logo do cal formou un bloque xunto cos reis de León e Navarra contra Abd al-Ra ḥ mān, quen non obstante saíu vitorioso sobre a coalición, obrigando a Abū Ya ḥ yà a abandonala. Na batalla de Simancas ou Campaña da Omnipotencia (939), na que participou xunto con Abd al-Ra ḥ mān fronte a unha coalición de reis e nobres cristiáns, caeu presioneiro de Ramiro II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro Valí independente de Mallorca (1208-1229). Durante o seu goberno Xaime I emprendeu a conquista de Mallorca. Derrotado despois dunha forte resistencia, foi torturado morrendo logo de poucas semanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo do Califa almohade Abū Mu ḥ ammad ‘Abd al-Mu’min, a quen sucedeu no Califato (1163). Fora Valí de Sevilla en vida do seu pai. Enfrontouse a ibn Mardaniš, soberano de València e de Murcia, que tentaba apoderarse de Córdoba. Estableceu a corte califal en Sevilla (1172), dende onde arrincaron as súas expedicións contra os cristiáns, como a que sitiou Santarem. Mandou construír o alcázar e mais a mesquita sevillanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Califa almohade. Sucedeu ao seu pai Abū Ya’qūb Yūsuf (1184). A súa atención preferente á fronte aberta polos almorábides no Reino de Mallorca favoreceu o avance dos cristiáns en terra firme, situación que o levou a enfrontarse contra os cristiáns en Alarcos (1195), onde derrotou a Afonso VIII de Castela, derradeira gran vitoria musulmá no Al-Andalus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, filósofo e teólogo. A súa obra filosófica Taqwīm al-Di ḥ n (Rectificación da mente) recolle a lóxica dos catro primeiros libros do Organon aristotélico e do Isagoge de Porfirio, e trata da demostración dende un enfoque materialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta árabe. Ibrāhim al-Maw ṣ ulī musicou as súas poesías, coas que introduciu o xénero filosófico ascético na poesía árabe. Foi considerado herexe polos contidos das poesías que escribiu, afastadas dos estilos preciosistas da época, nunha linguaxe sinxela que puidese entender o pobo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en París polo chanceler Pierre Séguier e o pintor Charles Le Brun (1648), segundo as normas establecidas na Accademia del Disegno de Florencia (1563) e na Accademia di San Luca de Roma (1593).
-
GALICIA
Porteiro internacional de fútbol.
VER O DETALLE DO TERMO
Durante 16 anos militou no primeiro equipo do Real Club Deportivo de La Coruña en 2ª e 1ª División.
Acudiu coma membro da Selección Española de Fútbol á Copa do Mundo de Brasil (1950). Retirouse da actividade futbolística seis anos despois.
Está considerado o futbolista máis carismático da historia do Deportivo e o torneo de verán organizado polo club herculino leva o seu nome. -
VER O DETALLE DO TERMO
Divindades celestiais védicas, fillos de Aditi. Orixinalmente eran sete, despois ampliáronse a oito e finalmente a doce, número que correspondía aos signos do zodíaco. Personificaban, xunto á súa nai, a extensión infinita. Comprenden, segundo diversas fontes, o Sol con diferentes nomes e os deuses Indra, Vishnu, Mitra, etc.
-
CAPITAIS
Capital do il de Adiyamán, Turquía, ao NL de Gaziantep (129.919 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Anatolia Central, Turquía (7.423 km2 ; 522.000 h [1990]). A capital é Adiyaman.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso II de Aragón.