Āditya
Āditya
[MIT/RELIX]
Divindades celestiais védicas, fillos de Aditi. Orixinalmente eran sete, despois ampliáronse a oito e finalmente a doce, número que correspondía aos signos do zodíaco. Personificaban, xunto á súa nai, a extensión infinita. Comprenden, segundo diversas fontes, o Sol con diferentes nomes e os deuses Indra, Vishnu, Mitra, etc.