"Zoé" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • PERSOEIRO

    Crítica e investigadora literaria romanesa. Está considerada como a mellor coñecedora da obra de M. Eminescu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello de pesca que se cala no fondo do mar para pescar cazóns.

    2. Conxunto de todos os aparellos que se empregan na captura do cazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte das portas e fiestras onde van colocadas as bisagras que permiten o xiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma larval propia dos malacostráceos que provén da larva zoea da que se diferenza pola presenza dunhas curtas patas torácicas, de aspecto sacciforme, detrás dos maxilípedes natatorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora rusa. Naturalizada francesa, iniciouse na literatura coas novelas Argile et cendres (1946) e La pierre angulaire (Prix Femina 1953). Moi interesada pola época das cruzadas, a herexía dos cátaros e a historia medieval en xeral, escribiu Le Bûcher de Montségur (1959), Les Croissades (1963) e L épopée des cathédrales (1973). Cómpre salientar tamén os seus libros de memorias, Le procès du rêve (1982), e os seus dramas, Aliénor (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Electricidade producida por efecto piezoeléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á piezoelectricidade.

    2. Fenómeno característico de certos cristais que consiste na aparición de cargas eléctricas ou dunha diferenza de potencial entre as súas caras opostas por efecto dunha deformación debida á aparición dunha forza mecánica ou dunha vibración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen traizoa a confianza de alguén.

    2. Que ou quen revela algo dunha persoa, en contra da súa vontade.

    3. Que non ofrece seguridade a pesar da súa aparente normalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao trapezoedro.

    2. Que ten forma de trapezoedro.

    3. Que ten caras en forma de trapecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sólido cuxas caras son trapecios.

    2. Sólido cristalográfico que pode ser considerado como unha bipirámide en que cada metade xirou un certo ángulo respecto da oposta, e ao mesmo tempo permaneceu no seu sitio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Oriente (1042-1050), filla de Constantino VIII. Casou en 1028 con Román Argiro, que se converteu no Emperador Román III. Fixo asasinar o emperador e o mesmo día casou co seu amante, que se converteu en emperador co nome de Miguel IV. Morto este (1041), fixo coroar a un sobriño deste adoptado por ela, Miguel V, que intentou recluíla nun convento. O pobo rebelouse e gobernou primeiro coa súa irmá Teodora asociada ao trono, e despois como única emperatriz despois de casar con Constantino IX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do grego Zoé ‘vida’, forma usada polos xudeus alexandrinos para traduciren con Zoé o nome de Eva, e máis tarde como nome cristián polos gregos bizantinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Converteuno san Sebastián e morreu pendurado polo pelo enriba dunha fogueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Escrava moza, foi martirizada en Roma co seu compañeiro e dous fillos por negarse a adorar os deuses pagáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase larvaria dos crustáceos malacostráceos que presenta desenvolvemento indirecto que vén despois do nauplius e precede á metazoea, con sete parellas de apéndices torácicos, abdome longo pero sen apéndice, antenas e anténulas curtas e sen flaxelo, e maxilípedes con función natatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos individuos dunha colonia de briozoos que está constituído por unha teca e o animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino, quizais da contracción de Zorobabel, procedente do hebreo Zarub-babel ou Zarbabili ‘fillo de Babel’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo prerromano da Gallaecia, do convento xurídico Astur. O seu territorio estendeuse pola bisbarra fronteiriza entre Bragança, Trás-os-Montes e Zamora. Un dos seus principais núcleos urbanos foi Curunda. Foron coñecidos pola calidade do seu liño. Conservánse elementos da súa cultura material como estelas funerarias decoradas con esvásticas circulares e representacións zoomórficas.

    VER O DETALLE DO TERMO