zoelas
zoelas
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo prerromano da Gallaecia, do convento xurídico Astur. O seu territorio estendeuse pola bisbarra fronteiriza entre Bragança, Trás-os-Montes e Zamora. Un dos seus principais núcleos urbanos foi Curunda. Foron coñecidos pola calidade do seu liño. Conservánse elementos da súa cultura material como estelas funerarias decoradas con esvásticas circulares e representacións zoomórficas.