"Zostera" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das zosteráceas, con follas dísticas e lineares, flores unisexuais, aclamidias, hidrógamas, agrupadas en espádices, e de froitos xeralmente en núcula. Son acuáticas, somerxidas e habitan en augas mariñas superficiais. A este xénero pertencen algunhas especies como Z. marina ou Z. noltii que se atopan na maior parte das costas de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás zosteráceas.

    2. Planta da familia das zosteráceas.

    3. Familia de plantas mariñas cun rizoma que as ancora e do que saen as raíces e as follas. A esta familia pertencen os xéneros Phyllospadix, Zostera e Heterozostera.

    VER O DETALLE DO TERMO