Zostera
Zostera
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das zosteráceas, con follas dísticas e lineares, flores unisexuais, aclamidias, hidrógamas, agrupadas en espádices, e de froitos xeralmente en núcula. Son acuáticas, somerxidas e habitan en augas mariñas superficiais. A este xénero pertencen algunhas especies como Z. marina ou Z. noltii que se atopan na maior parte das costas de Europa.