zóster

zóster

(< lat zoster < grζωστήρ)

s m [PAT]

Enfermidade inflamatoria aguda producida pola reactivación do virus da varicela, zóster, que afecta a un ou máis ganglios sensitivos, raquídeos ou intracraniais. Caracterízase pola aparición de erupcións dolorosas de pequenas vesículas, distribuídas polo corpo.

Sinónimos

Palabras veciñas

Zósimo | Zósimo, san | Zósimo,   | zóster | Zostera | zosteráceo -a | Zou