zona
(< lat zona < gr ζώνη ‘faixa’)
-
-
s
f
Espazo delimitado que se caracteriza por algún trazo ou circunstancia concreta.
-
s
f
[MAT]
Porción de superficie esférica que está comprendida entre as dúas interseccións de dous planos paralelos coa esfera. A altura dunha zona esférica é a distancia perpendicular entre os dous planos que a determinan, e a súa área vale 2πRh, onde R é o raio da esfera e h a altura da zona. OBS: Tamén se denomina zona esférica.
-
s
f
[MAT]
Porción dunha superficie de revolución que está comprendida entre dous planos paralelos e perpendiculares ao eixe de revolución.
-
zona climática/terrestre
[XEOG/CLIMAT]
Cada unha das cinco faixas en que se divide a superficie da esfera terrestre, determinadas polos polos, os círculos polares (66° 30’ lat N e S) e os trópicos (23° 30’ lat N e S), e que corresponde cos grandes tipos de clima. Son propiamente as dúas zonas glaciais (zona polar ártica e zona polar antártica), comprendidas entre os círculos polares e os respectivos polos, as dúas zonas temperadas, comprendidas entre os trópicos e os círculos polares, e a zona tórrida, comprendida entre os dous trópicos.
-
s
f
-
-
s
f
Parte dunha superficie.
-
s
f
[BOT/XEOL]
Cada unha das grandes áreas de vexetación.
-
zona béntica
[ECOL]
Zona acuática que corresponde co nivel máis baixo de todos os biomas acuáticos.
-
zona de silencio/morta
[COMUN]
Zona en que as ondas radiofónicas dunha emisora non poden ser captadas.
-
zona de sombra
[COMUN]
Zona en que as ondas moi curtas non poden chegar por vía directa.
-
zona limnética
[ECOL]
Zona das augas continentais que se estende ata unha profundidade onde hai luz suficiente para que se produza o fenómeno da fotosíntese.
-
zona profunda
[ECOL]
Zona das augas continentais, situada debaixo da zona limnética, en que non hai luz suficiente para que se produza o fenómeno da fotosíntese.
-
s
f
-
-
s
f
Extensión de terreo limitada por razóns administrativas, comerciais, políticas ou doutro tipo.
-
s
f
[CONSTR]
Cada unha das franxas de terreo que, formando parte ou non da infraestrutura dunha estrada, teñen limitadas as condicións de uso do dominio privativo. Chámase zona de dominio público ao conxunto dos terreos ocupados polas vías, polos seus elementos funcionais e por unha franxa de terreo contiguo, determinado en función da importancia da vía, que tamén é propiedade do ente público titular; zona de servidume, á formada, a ambos os dous lados da estrada, por uns terreos de propiedade particular contiguos ao dominio público, dentro dos que hai unha limitación de uso legalmente establecidas; e zona de afección, ao conxunto das franxas situadas a ambos os dous lados da estrada, que son de propiedade particular, pero nas que calquera actividade está suxeita a unha autorización por parte do ente titular da vía.
-
s
f
Terreo contiguo a unha vía interurbana que, sen ser esencialmente para a función de tránsito de vehículos, está á dispoñibilidade do usuario. Chámase zona de descanso á zona próxima a unha vía interurbana e comunicada directamente con ela que, ademais dunha estación de aprovisionamento de carburante, ofrece establecementos de restauración, servizos hixiénicos e comercios ou establecementos hoteleiros.
-
s
f
[URBAN]
Área urbana en que se delimitan os usos e as densidades permitidas. A planificación urbanística, a partir da década de 1960, definiu as zonas primeiramente polo uso prioritario ou exclusivo que se lles dá (residencial, industrial) e, en segundo lugar, pola intensidade máxima que se permite, que está determinada polo tamaño da unidade base (pequena industria ou a grande industria) ou, no caso da residencia, polo tipo arquitectónico e a densidade que lle correspón (ensanche intensivo, ensanche semiintensivo, cidade xardín intensiva, cidade xardín extensiva). As zonas residenciais máis típicas estiveron no núcleo antigo, no ensanche, na zona residencial urbana ou illada e na cidade xardín.
-
zona azul
[TRANSP]
Cada un dos sectores dunha poboación en que o estacionamento de vehículos está rexido, durante determinadas horas do día e determinados días da semana, por unha tarifa e un horario que fixa a hora máxima en que teñen que ser retirados segundo as respectivas horas de chegada.
-
zona de carga e descarga
[TRANSP]
Cada un dos sectores dunha poboación, onde en determinadas horas do día e determinados días da semana o estacionamento está reservado aos vehículos de transporte coa finalidade de efectuar as operacións de carga e descarga.
-
zona de libre comercio
[ECON]
Acordo de integración económica entre diversos estados, que conleva á supresión dos aranceis e outras restricións aos intercambios entre eles. Constitúe un modelo de integración económica de menor intensidade que o mercado común e a unión aduaneira.
-
zona fiscal
[DER]
Espazo de territorio, preto da fronteira, que está suxeito a unha vixilancia especial co fin de impedir o contrabando e o impago dos dereitos de aduanas.
-
zona franca
[ECON]
Territorio restrinxido, que xeralmente dispón de instalacións portuarias e que está considerado, desde o punto de vista aduaneiro, como un territorio estranxeiro, aínda que dependa do estado onde está situado a todos os outros efectos e no que non se autoriza a residencia, pero si operacións comerciais e instalacións industriais.
-
zona fronteiriza
[DER]
Franxa de territorio fronteirizo que está sometida a certas obrigacións por razóns de defensa nacional, en que ás veces é necesario facerse cunha documentación especial para circular.
-
zona marítima
[DER]
Franxa litoral do dominio dun estado, na extensión determinada polo dereito internacional, coas súas badías, radas, calas, portos e outros lugares utilizados para a pesca e a navegación.
-
zona marítimo-terrestre
[DER]
Ben de dominio público estatal, determinado polo espazo das costas ou fronteiras marítimas que baña o mar no seu fluxo e refluxo, onde son visibles as mareas e as grandes ondas nos temporais ordinarios.
-
zona monetaria
[ECON]
Zona formada por un conxunto de países que adoptan unha relación estable entre as súas moedas e unha considerada como forte, a que é utilizada como medio de pago habitual entre elas.
-
s
f
-
[ANAT]
-
s
f
Rexión ou parte dun órgano ou dun organismo.
-
zona eróxena
Cada unha das diversas partes do corpo particularmente aptas, para ser manipuladas ou tocadas, para producir pracer e excitación sexuais. Aínda que todo o corpo se pode converter en zona eróxena, considéranse como tales, os órganos xenitais externos, os peitos e os pezóns, a boca e algunhas partes da epiderme.
-
zona hiperestésica
Rexión cutánea de sensibilidade esaxeradamente normal.
-
zona marxinal de Lissaur
Zona da medula espiñal que está formada pola substancia branca que une o cordón posterior ao cordón anterolateral.
-
s
f
- s f [PAT]
-
s
f
[ESTRATIG]
Unidade estratigráfica menor e de calquera tipo.
-
zona de desenvolvemento próximo
[PSIC/PEDAG]
Espazo ou distancia conceptual que existe entre o nivel de desenvolvemento cognoscitivo real, aquilo que un alumno pode resolver completamente só, e o nivel de desenvolvemento cognoscitivo potencial, aquilo que un alumno pode resolver con axuda dun adulto ou doutro compañeiro máis capaz. É un concepto clave da teoría da aprendizaxe de Vigockij.