"aboís" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Trapela empregada para cazar paxaros, elaborada mediante unhas variñas con lazo que se colocan no chan para logo dobrarse e aprisionar os paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Costa de Marfil (6.250 km2 ; 225.882 h [1988]). A capital é Aboisso (13.527 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda de gaitas fundada en Catabois (Ferrol) cara ao 1977 como Escola de Gaitas polo gaiteiro Manuel López Vergara. Dende o ano 1982 pasou a dirixila o gaiteiro Manuel García Pereira Lolete. Desta escola e banda saíron varias xeracións de gaiteiros e percusionistas de valía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación popular aplicada aos cogomelos da especie Amanita muscaria, que acadan ata 15 cm de altura e teñen a superficie do sombreiro vermella con pequenas escamas brancas e, ao pé, o anel e a volva tamén brancos. O nome fai referencia aos efectos alucinóxenos desta especie, que foi empregada por certos pobos siberianos en cerimonias relixiosas; posiblemente teña relación co soma do Rig-Veda e coa persecución no s IV do priscilianismo e a micofobia que caracterizou o pobo galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coleóptero adulto, robusto, de gran tamaño e cores escuras, pertencente á familia dos lucánidos, especialmente referido a Dorcus parallelipipedus e ás femias inermes de Lucanus cervus.

    2. Planta do xénero Sorbus, da familia das rosáceas, que pode presentar porte de arbusto ou de árbore de ata 20 m de altura. De casca lisa e agrisada, sen espiñas e de folla caduca, presenta flores dispostas en corimbos de pétalos brancos de ata 10 mm de diámetro. En Galicia están presentes, en bosques de montaña, as especies S. aucuparia, con follas compostas, de ata 17 folíolos de marxe dentada, inflorescencias planas de ata 20 cm de diámetro e froitos comestibles de cor alaranxada ou vermella; S. torminalis, de follas enteiras lobuladas de 3 a 8 parellas de nervios; e S. aria, de follas enteiras coa marxe dentada e entre 8 e 14 parellas de nervios laterais, tomentosas e abrancazadas no envés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Trasmiras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Trasmiras. De estilo barroco, no seu interior destacan o retablo maior realizado por Bernardo Senra Taboada (1719), coas imaxes de san Pedro, san Paulo, san Francisco e san Domingos, e o dedicado á Trindade (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza do carro colocada sobre a cabezalla que serve para suxeitar a carga na súa parte anterior e así evitar que fira a xugada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de gravados rupestres situados en Morillas (Campo Lameiro). Componse de varias rochas que destacan polo gran número de espadas curtas e puñais representados, ademais de pegadas de animais dun gran realismo. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO