Técnica de retoque aplicada sobre obxectos líticos xa tallados consistente en golpear sobre un dos bordos, raramente de xeito cruzado, coa finalidade de obter un negativo agudo que produza unha superficie cortante; en moitas ocasións empregábase para reavivar bifaces desgastadas polo uso.
Tecnocomplexo do Paleolítico inferior que toma o seu nome do xacemento de Saint-Acheul (Francia). O elemento que caracteriza este complexo técnico e a biface, unha nova peza lítica sobre núcleo que vén aumentar a variedade de tipos anteriores. A definición da biface como útil máis típico do Acheulense non é obstáculo para que continúen a aparecer seixos tallados nin para que existan outros tipos sobre núcleos (triedros e fendedores) ou para que se empreguen tamén as lascas. Coas bifaces do Acheulense pode falarse claramente da existencia dun modelo ou tipo homoxéneo que evoluciona ao longo dos varios milleiros de anos que dura o período: primeiro as protobifaces, talladas de xeito parcial mediante percusión directa, logo os tipos tallados polas dúas caras e finalmente, coa incorporación do percusor brando, os tipos máis longos e simétricos. Cronoloxicamente este período, que deriva do Olduvaiense, comprende a totalidade do Pleistoceno medio (700.000-120.000), desenvolvéndose á...