"adaga" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pao con punta de ferro que nalgunhas zonas recibe o nome de chuzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Betanzos. Da mesma familia é Adagueiro. As súas armas levan, sobre campo de prata, un escudo oval.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (123.000 h [1997]). É unha cidade portuaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (461.400 km2; 246.100 h [estim 1999]). A súa capital é Madagan.
-
ENTRADA LARGA
Estado insular de África, no Océano Índico, situado fronte á costa suroriental africana, da que o separa o canal de Moçambique (587.041 km2; 16.437.000 h [estim 2001]). A capital é Tananarive.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo está formado por un altiplano de rochas erosionadas que ocupa a rexión interior. Cara ao L descende bruscamente formando unha pequena chaira costeira, mentres que o descenso é máis suave cara ao O. O clima é tropical, con temperaturas elevadas nas zonas baixas e variables no interior, a causa da altitude. As precipitacións son abundantes. Os ríos son numerosos e con gran caudal, e destacan o Betsiboka e o Mangoky. Un 85% das especies da flora e fauna son endémicas. A rexión oriental caracterízase pola selva pluvial sempre verde e rica en epífitos. Na rexión occidental predominan as sabanas con árbores que perden a forraxe durante a época seca e con vexetais paquicaules e espinosos. Na parte meridional, a vexetación... -
PERSOEIRO
Rei de Madagascar (1810-1828), fillo e sucesor de Andrianampoinimerina, fundador da dinastía merina. Loitou pola unificación política da illa, con axuda británica e en contra dos intereses franceses. Á súa morte sucedeuno a súa muller Ravanalova I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Madagascar (1861-1863), fillo da Raíña Ranavalona I. Abriu a illa á influencia europea. Unha reacción dos aristócratas hovas contra a súa política reformista e prooccidental motivou o seu asasinato.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Madagascar (1828-1861). Sucedeu ao seu home Radama I de Madagascar (1828) e perseguiu os cristiáns e os europeos a instancias dos aristócratas malgaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Madagascar (1868-1883), muller de Radama II de Madagascar. Sucedeu a Raíña Rasoherina (1868). Convertida ao protestantismo, asinou diversos tratados de cooperación con Francia e Reino Unido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Madagascar (1883-1897). Sucedeu a súa curmá Ranavalona II de Madagascar. Polo tratado de 1885 cedeu a Francia a dirección exterior do reino e en 1895 aceptou o protectorado francés. Acusada de conspiración, foi destronada e deportada a Alxer en 1897.
VER O DETALLE DO TERMO