"arria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • PERSOEIRO

    Pintora. Discípula de Adela Ginés, participa na Exposición Xeral de Belas Artes de Madrid en 1892, con dous cadros titulados Estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca castelá repartida polo territorio das provincias de Guadalajara, Cuenca e Madrid (4.250 km2). Esténdese dende o río Henares ata a Serranía de Cuenca e limita coa Paramera de Molina e a Mancha. O relevo aséntase sobre rochas calcarias formando un conxunto de páramos e relevos tabulares que van dende os 1000 m aos 750 m de altitude. Na zona setentrional a erosión formou relevos máis complexos, con solos de materias detríticos. As máximas alturas encóntranse na Dehesa de Cifuentes (1.010 m) e as Tetas de Viana (1.128 m). Ao L, o Texo e o Guadiela escavan desfiladeiros que foron aproveitados para a construción dos grandes encoros de Entrepeñas e de Buendía. Cultívanse cereais, viñas e oliveiras. As poboacións máis importantes son Guadalajara, Arganda, Chinchón e Brihuega. O mel da Alta Alcarria é de excelente calidade. En Almonacid de Zorita foi inaugurada no 1968 a primeira central nuclear do estado español.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘pedra’.

    2. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pedra’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘burro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de arriar; baixada de velas, vergas ou bandeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor vasco. Aos 12 anos realizou un ensaio de octeto, Nada y Mucho, e aos 14 anos, estreou en Bilbao a ópera Los esclavos felices. No ano 1822 marchou a París, onde mereceu a admiración de Cherubini. Ademais, entre outras obras, é autor de tres cuartetos para corda (1824), dunha sinfonía en re maior e de diversas cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político castelán. Alférez de fragata (1728), xefe de escuadra da Armada española (1751) e gobernador xeral de Venezuela. No ano 1754 substituíu ao Marqués de la Ensenada no ministerio de Mariña de Indias. Impulsou a construción de buques. Promoveu as obras dos estaleiros de Cartagena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘pedra’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘canteira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina relixiosa que recibe o nome por referencia a Ario, presbítero de Alexandría excomungado xunto cos seus seguidores polo Patriarca Alexandre entre os anos 318 e 319. O principio fundamental do Arianismo era a afirmación da unicidade e da transcendencia de Deus. O conflito que entrañaban as predicións de Ario radicaba no modo en que configuraba as relacións entre Deus e o seu Fillo, o Verbo feito home; segundo os arianistas, o Fillo de Deus non gozaba da mesma esencia do Pai, senón que se trataba dunha divindade subordinada, enxendrada como mortal. Deste xeito, o Fillo de Deus non é igual ou consubstancial ao Pai, senón semellante a El. Esta doutrina espallouse máis en Oriente ca en Occidente. Atanasio de Alexandría, que atacou o Arianismo, argumentaba que destruía a Doutrina Cristiá sobre Deus, porque supoñía que a Trindade non era eterna. O Arianismo foi heretizado no Concilio de Nicea (325), que estableceu o Credo, onde se afirma que o Fillo é “concibido, non feito” e consubstancial,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘canteira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e filósofo grego. Escribiu A expedición de Alexandre, considerado durante moito tempo o mellor documento sobre o tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘pedrada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afrouxar ou soltar un aparello, cabo, liña ou cadea.

    2. Facer baixar as bandeiras ou as velas que estaban izadas ou despregadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Málaga, Andalucía, na Serranía de Ronda, bañado polo Guadalcobacín (3.430 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta castelán de ideoloxía absolutista. Escribiu poesía; sobre todo, erótica e festiva, que pode ser encadrada dentro do neoclasicismo (Terpsícore).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio situado nos arredores dunha vila ou cidade coñecido cun nome particular aínda que non constitúa unha división administrativa de seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deposición inconsistente ou acuosa que se presenta normalmente como síntoma dalgunha afección intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, na comarca da Marina Baixa, nas vertentes do Sistema Prebético oriental (6.322 h [1996]). As actividades principais son a agricultura con plantacións de viña, oliveiras, cereais e legumes, e a gandería lanar e vacúa. A industria limítase a algunhas canteiras, á construción e á manufactura de esparto. Nos últimos anos potenciouse o turismo aproveitando os seus recursos culturais como a igrexa arciprestal de San Joan Baptista (1574), a ermida de Santa Bárbara (s XVIII) e as paisaxes de Les Fonts de L’Algar, conformado polo río Algar, onde se atopan numerosas fervenzas e fontes naturais. Callosa d´en Sarrià constitúe un núcleo que se formou a partir dun casal de orixe árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO