"artón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

    1. Dar a consistencia dura e rexa do cartón.

    2. Adquirir, unha cousa flexible, un certo grao de rixidez e dureza semellante á do cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede antiga ou arte en desuso dende hai anos, que foi empregada segundo a lexislación vixente en cada época, e que tiña grandes dimensións, pois podía sobrepasar as duascentas cincuenta brazas de longo por banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformador de diferencias de presión en pequenos desprazamentos angulares, formado por dúas cámaras elásticas cheas de aceite de silicona, separadas entre elas por un sistema hidráulico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Comezou como asistente de dirección de Wellman, para logo traballar con actores como Abbott e Costello en parodias do cine de terror e tamén filmes cheos de ironía e bo humor. Participou tamén na realización de televisión. Entre as súas películas destacan: Wagon wheels (As rodas do vagón, 1934), Rose bowl (A bola rosa, 1936), Island of doomed men (A illa dos homes con sorte, 1940), Shut my big mouth (Pecha a miña gran boca, 1942), The beautiful cheat (A marabillosa trampa, 1945), Abbott and Costello meet Frankenstein (Abbott e Costello coñecen a Frankenstein, 1948) e Swinging along (Movéndose ao longo, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico inglés. Foi o pioneiro no estudo da rotación molecular e da estrutura de moléculas orgánicas complexas. Os seus traballos revelaron que a análise conformacional é un eido esencial da química orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político australiano. Impulsor da Commonwealth dese país (1900), foi o principal redactor da constitución e o primeiro dirixente do goberno australiano (1901 -1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista inglés, considerado da escola clásica. É autor do ensaio Observations on the Circumstances which Influence the Condition on the Labouring Classes of Society (1817), onde estudia a transformación do capital circulando en fixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rickettsia da familia dos bartonelácidos.

    2. Familia de rickettsias parasitos endocelulares vertebrados, que son transmitidos por artrópodos. Teñen aspecto bacteriano e son sensibles aos antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de rickettsias parasitas do home e, ocasionalmente, doutros mamíferos. Desenvólvense nos glóbulos e nos epitelios dos vasos sanguíneos. A especie B. bacilliformis causa a bartonelose ao home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade endémica do Perú, Colombia e Ecuador, provocada pola rikettsias Bartonella bacilliformis e transmitida por un mosquito do xénero Phlebotomus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio do Eoceno, situado sobre o Biarritziano (ás veces considerado equivalente) e debaixo do Priaboniano, na zona que separa o Eoceno medio do superior. O seu estratotipo é Barton-on-sea (costa do Hampshire, Reino Unido).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Bartoniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Material ríxido, máis groso có papel ordinario, que se obtén da pasta de papel ou do prensado de follas de papel húmidas, sobrepostas unhas sobre outras. Sométese a tratamentos diversos segundo o uso ao que vaia destinado; así, existe o cartón embreado (impermeable), o cartón de amianto (illante térmico e eléctrico), etc.

    2. Recipiente feito de cartón que serve para conter distintos produtos.

      1. Obxecto plano de forma rectangular feito en cartolina ou en plástico onde figuran os datos da persoa á que pertence.

      2. cartón de crédito

        Tarxeta provista dunha banda magnética que serve para efectuar operacións financeiras sen necesidade de posuír cartos en efectivo, que emite unha entidade financeira a nome dunha persoa.

      3. cartón de visita

        Cartón pequeno onde figura o nome, o enderezo, o teléfono, a profesión, ou outros datos e que se usa como sinal de visita ou para indicar a residencia.

      1. Anaco de papel ou cartolina que os árbitros ou xuíces de diversas disciplinas deportivas, especialmente en deportes de oposición por equipos, empregan para comunicar determinadas sancións disciplinarias.

      2. cartón amarelo

        Indicativo da amoestación disciplinaria contra un xogador ou técnico por incorrer nalgún tipo de conduta antirregulamentaria ou antideportiva. Emprégase en determinadas disciplinas deportivas como o fútbol, o balonmán, etc.

      3. cartón azul

        Tarxeta que indica no fútbol sala unha sanción de dous minutos coa que se sanciona a un xogador que cometeu algunha infracción.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manufactura de obxectos ou obras de cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encadernación que se fai con tapas de cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia que tivo lugar entre agosto e outubro de 1944 co fin de organizar a seguridade internacional ao rematar a Segunda Guerra Mundial. Presidida polo secretario de Estado dos EE UU, Stettinius, contou coa participación de delegados británicos, norteamericanos, soviéticos e chineses. Estableceu a necesidade dun Consello de Seguridade, un Consello Económico e Social e un Tribunal Internacional de Xustiza. O proxecto debateuse na Conferencia de San Francisco e serviu de base para a Carta das Nacións Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Director da revista Annales de Géographie, foi un grande especialista en xeomorfoloxía. Escribiu Traité de géographie physique (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo húngaro. As súas imaxes conxugaban a fotografía deportiva, o xornalismo fotográfico, a moda e a busca da plástica pura, procurando o movemento, os ángulos dramáticos, os picados e os contrapicados. Traballou para o xornal deportivo AZ Est (1921) e para numerosas publicacións en Berlín, como Berliner Illustrierte Zeitung, Die Dame ou Koralle. Exiliado en EE UU (1934), traballou para Harper’s Bazaar e foi o inspirador de Richard Avedon. Publicou a súa autobiografía Fool’s Apprentice (1945) e todas as súas exposicións foron póstumas.

    VER O DETALLE DO TERMO