"catasta" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Retorno final de todas as criaturas intelixentes á situación primixenia, segundo algúns teólogos e pais da Igrexa, ao tempo que se reconcilian con Deus. Esta doutrina foi ensinada por Gregorio de Nazianz, Teodoro de Mopsuestia e Xoán Escot Eriugena. Profesárona algúns anabaptistas moravianos e cristadelfos e, máis recentemente, algúns adventistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie de poldro que se empregaba antigamente para torturar os presos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terceira das catro partes nas que se divide a traxedia grega. Correspóndese co momento no que a acción dramática proposta na prótase, logo de pasar polo nó ou epítase, acada o seu punto de máxima tensión e prepara a catástrofe ou desenlace da obra. Por extensión, aplícase o termo ao momento no que unha obra literaria acada o seu clímax.

    2. En fonética, primeira fase da articulación dunha oclusiva que consiste en pór os órganos da fonación na posición adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO