catástase
catástase
(
-
s
f
[LIT]
Terceira das catro partes nas que se divide a traxedia grega. Correspóndese co momento no que a acción dramática proposta na prótase, logo de pasar polo nó ou epítase, acada o seu punto de máxima tensión e prepara a catástrofe ou desenlace da obra. Por extensión, aplícase o termo ao momento no que unha obra literaria acada o seu clímax.
-
s
f
[LING]
En fonética, primeira fase da articulación dunha oclusiva que consiste en pór os órganos da fonación na posición adecuada.