"copyright" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dereito que garante a un autor ou institución a publicación, venda ou reprodución en exclusiva dunha obra literaria, artística ou científica determinada. Ten a súa orixe nas licencias reais que se expediron en Venecia, a finais do s XV, coa finalidade de controlar todos os escritos que circulaban pola cidade. Sobre este precedente, os gremios de impresores comezaron a valorar a posibilidade de protexer tanto os dereitos sobre os beneficios económicos que puidese reportar a difusión do seu traballo, coma a súa propiedade intelectual e artística. Deste xeito, xurdiron algunhas tentativas de lexislación para loitar contra os plaxios das obras, as traducións ilegais ou as falsas reproducións que alteraban os textos orixinais. A primeira lei para defender os dereitos de autoría e distribución aprobouse en Inglaterra no ano 1710 e, de seguida, outros países elaboraron editos ou leis co mesmo propósito, como Dinamarca (1741), EE UU (1790) ou Francia (1793). O recoñecemento legal da propiedade...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación electrónica do profesor da Universidade da Coruña Celso Álvarez Cáccamo, centrada fundamentalmente en temas de pensamento e cultura e actualidade. No seu sitio web (www.udc.es/dep/lx/cac/ sopirrait) pódese encontrar unha hemeroteca con números que se publicaron ao longo da súa existencia.
VER O DETALLE DO TERMO