"flamen" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Bispo de Elna (1696-1721). Publicou o Catechisme diocésain (Catecismo diocesano, 1698) para substituír o manual de instrución relixiosa do padre Xoán Eusebio Nieremberg. Fixo edificar o pazo episcopal de Perpiñán (1707).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacerdote das distintas divindades romanas que se ocupaba do culto e dos sacrificios aos deuses. Constituían un colexio formado por tres flámines maiores: flamen Dialis, consagrado a Xúpiter, flamen Martialis, a Marte, e flamen Quirinalis, a Quirino; os outros doce ocupábanse do culto a outros deuses como Volturno, Pales, Furrina, Flora, Pomona, Vulcano, Ceres e Portunus. O flamen Dialis ocupaba o primeiro posto entre os sacerdotes e debía manter un estado permanente de pureza ritual, pois pensaban que se incumprían esta condición a comunidade sufriría as consecuencias. A partir do 44 a C os distintos emperadores divinizados postumamente recibiron un flamen específico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte musical propia de Andalucía, en concreto dos xitanos andaluces, que comezou a difundirse fóra de Andalucía a finais do s XVIII. É unha mestura de elementos musicais hebreos, bizantinos e árabes. As formas máis puras son as diferentes modalidades de tonadas ou tonás, seguidillas ou seguiriyas e soleares. Influídas por estes cantos, apareceron as livianas, as serranas, as saetas, as bulerías, o polo e a caña. Outros cantos que derivaron indirectamente foron os fandangos, as alegrías, os caracoles e certos cantos folclóricos peninsulares ou propios de América latina. As formas son libres e as máis xenuínas non levan acompañamento musical. Tamén recibe o nome de cañí, gitano e cante jondo ou hondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Flandres, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Flandres.

      3. Grupo de habitantes da rexión N de Bélxica, de lingua flamenga. Recibiron este nome a partir da loita pola salvación da súa cultura trala constitución do Estado belga no 1830.

      4. Lingua do phylum indoeuropeo do grupo xermánico que se fala na parte norte de Bélxica (provincias de Flandres Occidental, Flandres Oriental, Anveres, Limburgo e a metade da provincia de Brabante). O estado belga, independente no 1830, recoñeceu a existencia dunha lingua flamenga no 1873; coas leis lingüísticas (1932, 1963) e a reforma constitucional restableceu a autonomía cultural e lingüística de ambas as dúas partes do territorio belga. O Consello Cultural de Flandres estableceu o uso único do termo neerlandés.

      5. arte flamenga

        Arte desenvolvida en Flandres. As primeiras formas orixinais nesta rexión xurdiron do impulso do Imperio Carolinxio, época da que se conservan as capelas de plan central, como a capela palatina de Aquisgrán, igrexas basilicais con westwerk e obxectos tallados en marfil. Na época románica destacaron os centros de Liexa, na conca do Mosa, onde se erixiron santuarios, abadías e basílicas de corpo rectangular, como San Bertomeu de Liexa, e con westwerk, como San Denís de Liexa, de influencia renana e dunha gran sobriedade; e o foco de Doornik, na conca do Escalda, onde dominou a influencia franco-normanda, como a abadía de San Vicente en Soignies, que xa mostra as formas do gótico francés presentes na catedral de Doornik (1141). No s XIII aumentou a influencia francesa coa construción de complexos monacais de orixe cisterciense en Lovaina, Gante e Anveres, seguida por unha solución intermedia, cun verticalismo moderado e estruturas máis simples respecto ás francesas, visible...

      6. literatura flamenga

        De tradición oral moi antiga, ten textos escritos antes do s XII (Henric van Veldeke). Durante catro séculos escribíronse obras moi diversas: poesía cortesá, mística e popular, novelas e obras didáctico-sociais. A prosa mística culminou na obra de Joannes Ruusbroec (1293-1381). Nos ss XIV e XV predominou o teatro e a finais do XIX chegou a decadencia flamenga. Como reacción contra o predominio francoparlante do novo estado belga, naceu o movemento flamengo e unha literatura con características histórico-sociais e románticas, cun reflexo da situación de opresión socio-cultural e de tres séculos de abandono, con figuras destacadas como H. Conscience (1812-1883) e G. Gezelle (1830-1899). A comezos do s XX, contactouse coas correntes europeas, con novelistas como S. Streuvels (pseudónimo Frank Lateur), C. Buysse, H. Teirlinck; poetas como K. van de Woestijne e ensaístas como A. Vermeylen. No período de entreguerras destacou o movemento expresionista na poesía e no teatro, onde sobresaen...

      7. música flamenga

        A finais da Idade Media a música flamenga acadou un importante desenvolvemento e unha difusión, pero non se limitou a Flandres exclusivamente, senón que comprendeu a área do norte de Francia, Valonia, Flandres e Holanda. Johannes Ockeghem, Jacob Obrecht, no s XV, e Adriaan Willaert e C. de Rore, no s XVI, son os músicos propiamente flamengos máis destacados; por outra banda, numerosos compositores italianos, alemáns e ingleses visitaron ou establecéronse en Flandres. No s XVIII sobresaíron A. J. Helmont e Pieter van Maldere. Con motivo da aparición do Estado belga (1830), os flamengos procuraron preservar a personalidade ante a preponderancia valona; Peter Benoit (1834-1901) iniciou un movemento autóctono e creou en Anveres a Vlaamse Muziekschool (1867), convertida en conservatorio en 1898. Os seus discípulos Jan Blockx (1851-1912) e Edgar Tinel (1854-1912) continuaron o movemento.

      1. Ave acuática do xénero Phoenicopterus, da familia dos fenicoptéridos que, dependendo da especie, presenta unha altura de entre 80 e 145 cm de altura. Son animais de pescozo e patas longas, alas grandes e cola curta, de plumaxe rosa ou vermella -que depende dunha dieta moi rica en carotenos-, e coas plumas remeiras negras. A cara, as patas e o peteiro poden ser de cor vermella, rosa, laranxa ou amarela. Os dedos son relativamente curtos e provistos de membranas interdixitais. Os machos son de maior tamaño cás femias e as aves novas distínguense por ser de cor cinsenta con manchas castañas e patas e peteiros negros. O peteiro resulta moi característico nestas aves e é grande e groso, curvado cara a abaixo a partir da metade e coas mandíbulas -a superior máis pequena que encaixa na inferior- provistas dunhas laminiñas internas a xeito de peite. A lingua é grosa e está provista de prominencias. Para alimentarse introducen a cabeza na auga coa parte superior orientada ao fondo e vana movendo...

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean-Hervieuse de Basan de Flamenville.

    VER O DETALLE DO TERMO