"laris" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
PERSOEIRO
Botánico. Sucedeu a Palau como segundo catedrático do Jardín Botánico de Madrid. Estudiou a flora da Comunitat Valenciana e de Murcia. Continuou o Specimen Florae Hispanicae (Modelo de flores hispánicas), que comezara o seu pai e que el deixou tamén inacabado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión artística da tradición oral vasca, que consiste nunha arte oratoria que se manifesta como unha expresión improvisada, versificada e cantada. Ten a súa orixe no mundo rural e pastoril, manifestado habitualmente nun contorno festivo que co tempo se converteu en espectáculo. Daquela, o bertsolari era o personaxe que comunicaba a vida cotiá do pobo en forma de crónicas que adoitaban repetirse como versos cantados, transmitidos de xeito oral de xeración a xeración. O bertsolari non era só un voceiro de noticias, comunicaba tamén unha mensaxe irónica e de carácter lúdico. Adoitaba improvisar os seus versos nas tabernas, sidrerías e festas, aludindo ás cousas sinxelas da vida cotiá, e incluía ocasionalmente a algún dos seus oíntes ou mesmo dialogaba fronte a fronte con outro bertsolari; establecíase así un diálogo ou reto no que ambos demostraban o seu talento para versificar improvisadamente, o seu dominio da técnica requerida para a versificación e o seu soporte, o canto. Os versos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que xoga ao billar, especialmente os profesionais.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e político. Foi nomeado cóengo da Seu d’Urgell (1612), posto desde o que defendeu os privilexios eclesiásticos ante as pretensións do Rei Filipe III de cobrar décimos. En 1638 foi elixido presidente da Generalitat. Os conflitos motivados pola política centralizadora do conde-duque de Olivares, provocaron a ruptura entre o goberno central e a Generalitat, polo que esta pasou a constituír unha república independente, da que Claris foi o máximo representante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da segunda orde franciscana feminina fundada por santa Clara de Asís (1212). Como regras tivo a dada por san Francisco de Asís no convento de San Damián, única norma entre 1212 e 1219, posta baixo protección da beneditina (1219), a de Inocencio IV (1247), a ditada persoalmente por Clara (1253) e a de Urbano IV (1264).
-
PERSOEIRO
Tirano de Agrigento (570 a C-554 a C). Incrementou o territorio da súa cidade a custa dos sicanos e defendeu Himera contra Cartago. Fíxose célebre pola súa crueldade.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo peripatético grego. Discípulo de Clitómaco e escolarca da Academia, trasladouse a Roma, onde foi mestre de Cicerón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘verdura’.
-
CIDADES
Cidade de Tessalia, Grecia, capital do nomós homónimo (113.426 h [1991]). É un importante nó de comunicación entre Atenas e Salónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Tessalia, Grecia (5.381 km2; 270.612 h [1991]). A capital é Larissa.
-
PERSOEIRO
Escritora inglesa. Coñecida como Agatha Christie, especializouse en novelas de misterio que tiveron unha gran difusión en todo o mundo. Creou a figura do detective belga Hercule Poirot, xa na súa primeira obra, The Mysterious Affair at Styles (1920), e a da investigadora privada Miss Marple (Murder at the Vicarage, 1930). Da súa produción tamén destacan The Murder of Roger Ackroyd (1926), Murder on the Orient Express (1933), Ten Little Niggers (1939), Witness for the Prosecution (1953) e Curtain (1975). Foi autora de obras de teatro como The Mousetrap (1952), que é o espectáculo que máis anos leva en cartel no mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado no convento de Santa Clara de Monforte de Lemos. Considerado como un dos máis importantes museos de arte sacra de España, conta cun importante fondo composto por vestimentas litúrxicas e pezas de ourivaría relixiosa do Renacemento. Sobresaen especialmente o Cristo yacente e a Inmaculada, de Gregorio Fernández.
-
-
Inclinación exclusiva ou parcial por un interese particular ou propio sobre o xeral ou común.
-
Actitude relixiosa, vinculada frecuentemente a intereses nacionalistas e contraposta ao universalismo, pola que un grupo social se considera particularmente escollido por Deus con exclusión doutros grupos ou pobos de relixión diferente.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao particularismo.
-
Seguidor do particularismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas ou perennes, da familia das escrofulariáceas, que presentan as follas alternas e as flores tubulares dispostas en inflorescencias terminais. En Galicia aparece P. sylvatica, que se coñece como herba piolleira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das poáceas, ao que pertence o alpiste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mísil mar-terra estadounidense, provisto dunha cabeza nuclear e concibido para ser lanzado desde submarinos atómicos somerxidos. Son lanzados mediante a acción de aire comprimido e non acenden os seus motores ata estar a uns 25 m da superficie da auga. As primeiras probas feitas con estes mísiles foron efectuadas en 1961.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que permite observar o estado de polarización dunha radiación luminosa e estudar as propiedades da luz polarizada.
-
-
Sistema moral que interpreta e ordena a vida de acordo cos principios da razón, sen recorrer á fe en Deus nin á vida perdurable.
-
Tendencia a ignorar ou negar os principios da fe e da relixión na interpretación do mundo e da existencia.
-