Miller, Agatha Mary Clarissa

Miller, Agatha Mary Clarissa

Escritora inglesa. Coñecida como Agatha Christie, especializouse en novelas de misterio que tiveron unha gran difusión en todo o mundo. Creou a figura do detective belga Hercule Poirot, xa na súa primeira obra, The Mysterious Affair at Styles (1920), e a da investigadora privada Miss Marple (Murder at the Vicarage, 1930). Da súa produción tamén destacan The Murder of Roger Ackroyd (1926), Murder on the Orient Express (1933), Ten Little Niggers (1939), Witness for the Prosecution (1953) e Curtain (1975). Foi autora de obras de teatro como The Mousetrap (1952), que é o espectáculo que máis anos leva en cartel no mundo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Torquay

  • Deceso

    Lugar : Wallingford