"rami" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 158.

  • Nome co que tamén se coñece a ictericia hemolítica de carácter adquirido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campo de mámoas situado na parroquia de Xillar (Outeiro de Rei). Debido á presenza de antas nas que a cámara é de planta poligonal e polas características do enxoval achado no seu interior pertence ao apoxeo do Megalitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Raspar os ladrillos, baldosas ou azulexos para igualalos.

      2. Construír unha parede con cachotes de ladrillo.

      3. Figurar con pinturas fiadas de ladrillos nunha parede ou construción.

    1. Trazar ou marcar liñas rectas paralelas por medio do gramil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político albanés. Partisano (combatente da resistencia á ocupación italiana) durante a Segunda Guerra Mundial, foi cofundador no 1941 do Partido Comunista Albanés (dende 1948 Partido do Traballo), e formou parte parte dende aquela do seu Comité Central. Dende 1982 detentou o cargo de Presidente do Presidium e Xefe do Estado. O seu mandato tendeu a rachar co illamento imposto ao país por Enver Hoxha. A partir do 1988 promoveu unha certa liberalización do réxime: legalizou os partidos políticos e convocou eleccións no 1991, en que foi confirmado como Xefe do Estado, iniciou as relacións diplomáticas con Washington e Moscova, e restableceu a liberdade relixiosa logo de 20 anos de prohibición. Por mor das desordes producidas pola grave crise económica, o descontento social e, sobre todo, o éxodo masivo de albaneses cara a Italia en xuño de 1991, o seu Primeiro Ministro,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fai anagramas.

    2. Persoa que esconde a súa auténtica identidade baixo un anagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra as gramíneas.

    2. Produto fitotóxico especialmente activo contra as gramíneas. En doses elevadas actúa como un herbicida e afecta tamén ás dicotiledóneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de pirámide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terra de labor que é adecuada ou que está en sazón para sementar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante básico do grupo do difenilmetano. Obtense condensando a dimetilanilina e o aldehido fórmico. Emprégase como colorante de fibras animais, como antiséptico e como funxicida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico italiano. Publicou traballos sobre hidrodinámica, óptica, teoría do potencial, electromagnetismo e termodinámica, e deu un gran pulo aos estudios sobre elasticidade. Estudiou a teoría de funcións de variable complexa e as xeometrías non euclidianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está constituído por dúas pirámides unidas polas bases.

    2. Que presenta dúas pirámides situadas nas extremidades dun prisma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de bramar.

    2. Ruxido emitido por ruminantes como os touros e outros animais salvaxes.

    3. Berro ou voz forte da persoa que está colérica e furiosa.

    4. Ruído forte producido polo aire, polo mar, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe da familia dos brámidos.

    2. Familia de peixes mariños da suborde dos percoides, próximos os corifénidos, de corpo bastante alto e comprimido, algunhas veces ovalado, mandíbula moi prominente e aletas dorsal e anal longas. Os adultos presentan a aleta caudal profundamente escotada. Distínguense os xéneros Brama, Pterycombus, Taractes e Taractichthys.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. Románica do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. No testeiro atópase unha pequena ventá semicircular con columnas acobadeladas nas xambas. O arco triunfal é semicircular peraltado, elevado sobre semicolumnas pegadas. A nave ten unha cuberta de madeira a dúas augas mentres que a ábsida se cobre cunha bóveda de canón da mesma directriz que o arco triunfal. A portada principal e a sur están formadas por unha dobre arquivolta semicircular sostida por columnas acobadeladas nas xambas. A espadana é do s XVIII. A tradición conta que a igrexa se erixiu en lembranza dunha batalla librada no s IX entre Ramiro I e os normandos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e crítico. Licenciado en Filosofía e Letras, especializouse en artes gráficas. Empregou o pseudónimo de Alejandro Finisterre. Foi colaborador de radio, televisión e prensa de distintos países. Fundou a revista Paso a la juventud (1946); xunto co poeta Rafael Sánchez Ortega, foi redactor xefe do xornal bilingüe L’Espagne e director da empresa editorial Ecuador 0° 0’ 0, Revista de poesía universal, en México. Amais, foi o inventor do futbolín. Publicou os poemarios Cantos Quintos (1946), Cantos esclavos (1948), Cantos rodados (1950), Café, coñá y puro (1956) e Rial (1964), entre outros, o ensaio Con, sin, sobre, tras la poesía (1959) e a peza dramática Del amor y de la muerte (1961). Como autor de antoloxías poéticas hai que destacar a súa obra Poesía de Galicia contemporánea (1961), acompañada dun estudo preliminar. Tamén realizou os estudios Seis danzas catalanas (1947), Historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo primitivo de compás usado polos árabes, que consistía nunha agulla magnetizada provista dun flotador ou situada nun canón, que se somerxía en auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do fondo da enseada da Pobra do Caramiñal, na beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello da Pobra do Caramiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO