"robinson" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Persoa que vive en solitario e de forma autosuficiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protagonista da novela escrita por Daniel Defoe e titulada Life and Strange Surprising Adventures of Robinson Crusoe (1719). O protagonista, despois de naufragar o barco que o levaba, convértese no único habitante europeo dunha illa descoñecida, preto da desembocadura do Orinoco. Alí convive con Viernes, un indio, quen o axudará nas súas relacións cos caníbales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e lóxico estadounidense. Foi creador da análise non estándar e da teoría de modelos. Os seus traballos están recollidos en Non-Standard Analysis (1966-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. De nome Emmanuel Goldenberg, destacou pola súa interpretación en papeis de duro e gángster. Dos seus filmes cómpre salientar Little Caesar (1931), The Last Gangster (1937), Women in the Window (1944), Key Largo (1948), House of Strangers (1949), premiada no Festival de Cannes; Cheyenne Autumn (1964) e Soylent Green (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta estadounidense. Da súa produción destacan The Town Down the River (1910), Avon’s Harvest (1921), The Man Who Died Twice (1924, Premio Pulitzer 1925) e Cavender’s House (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e pintor británico. Creou a fotografía narrativa, xunto con Oscar G. Rejlander, na que ofrecía especial atención ás poses, aos vestidos e aos decorados. Dedicouse aos retratos (1857) e deulle ás súas fotografías un carácter poético, para o que empregou a composición de negativos e as montaxes. Pioneiro do pictorialismo (1880), fundou The Linked Ring (1892) para defender esa estética, tras abandonar a Sociedade Fotográfica (1862-1891). Publicou Pitorial Effect in Photograpy (1869), Picture making by Photography (1884) e Art of Photographic (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista británica. De nome Joan Violet Maurice, vinculouse a Cambridge School e foi un membro destacado da escola postkeynesiana. Destacan The Economics of Imperfect Competition (1933), onde construíu a teoría da competencia imperfecta, e The Accumulation of Capital (1956), onde estudou os problemas da acumulación e o crecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo anglicano. Doutor en Filosofía e Teoloxía, profesor de Sagrada Escritura en Cambridge (1953-1959 e desde 1969) e bispo de Woolwich (desde 1959) e de Southwark (desde 1969), destacou con Honest to God (1963). Fixo importantes achegas no campo bíblico-teolóxico como The Body. A Study in Pauline Theology (1952) e Jesus in his Coming (1957). Destacan tamén The Human Face of God (1973) e Redating the New Testament (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e xurista irlandesa. De nome Mary Terese Winifred Bourke, foi membro do Irish Labour Party e presidenta da República de Irlanda (1990-1997). Gran defensora dos dereitos humanos, dirixiu o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos (1997-2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico inglés. Realizou investigacións sobre os colorantes, diversos pigmentos, hormonas (con J. W. Cornforth), a penicilina e o petróleo. Elaborou unha teoría sobre electrónica en química orgánica. Recibiu o Premio Nobel de Química (1947) polos seus estudos sobre os alcaloides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un robinson.

    VER O DETALLE DO TERMO