Robinson, Henry Peach
Robinson, Henry Peach
Fotógrafo e pintor británico. Creou a fotografía narrativa, xunto con Oscar G. Rejlander, na que ofrecía especial atención ás poses, aos vestidos e aos decorados. Dedicouse aos retratos (1857) e deulle ás súas fotografías un carácter poético, para o que empregou a composición de negativos e as montaxes. Pioneiro do pictorialismo (1880), fundou The Linked Ring (1892) para defender esa estética, tras abandonar a Sociedade Fotográfica (1862-1891). Publicou Pitorial Effect in Photograpy (1869), Picture making by Photography (1884) e Art of Photographic (1890).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ludlow -
Deceso
Lugar : Turnbridge Wells