"shire*" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

    1. Relativo ou pertencente á raza berkshire.

    2. Raza porcina de orixe inglés que provén do porco asiático e do indíxena de Berk. Ten a pelaxe negra, con seis manchas situadas no fociño, nos extremos das patas e na punta do rabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixo de leite de vaca orixinario da cidade inglesa de Cheshire. Presenta unha pasta prensada, semidura, cunha codia envolta nun pano que, en xeral, se unta de parafina. Ten un gusto agradable de intensidade media e prodúcese en pezas redondas de ata 22 kg de peso. Os cheshire azuis son os queixos industriais que imitan as vetas que adoitan ter os queixos artesanais madurados, producidas por balorecemento interno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Raza porcina orixinaria do condado inglés de Hampshire, de cabeza longa, pescozo curto e peito ancho, que se caracteriza por presentar a pel e o pelo negros, agás nas patas anteriores e o lombo, que son brancos.

    2. Raza ovina, orixinaria do condado inglés de Hampshire, de tamaño medio, caracterizada pola pel e a la brancas, agás na cara e nas patas que son marróns escuras ou negras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo distrito de Reino Unido que en xeral coincide cun condado moderno. Adoita ir unido ao topónimo correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO