"zapote" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore de máis de 15 m de altura co tronco de cor parda do que se extrae un látex empregado na fabricación da goma de mascar. As follas son elípticas, as flores hexámeras, solitarias, pediceladas e de cor branca e o froito é unha baia de cor marrón e comestible. É orixinario de México e América Central e do S.
-
-
Relativo ou pertencente aos zapotecos ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo zapoteco.
-
Pobo indíxena de México centromeridional que vive no estado de Oaxaca, estendéndose polos estados de Veracruz, Chiapas e Guerrero. A cultura zapoteca varía segundo o hábitat e a economía. A sociedade está organizada ao redor dos centros de poboación cunha base agrícola. Na época precolombina tiveron unha cultura importante (100-800 d C), centrada no outeiro de Monte Albán.
-
Lingua otomangueana do phylum amerindio que fala o pobo zapoteco e que comprende un gran número de dialectos.
-