Christiansen, efecto
Christiansen, efecto
[FÍS]
Efecto producido cando a luz atravesa unha suspensión dunha substancia finamente dividida nun líquido. Prodúcese por mor das diferentes dispersións do po en suspensión e do líquido; como consecuencia, a suspensión só deixa pasar as radiacións que teñan frecuencias que pertenzan á banda estreita do espectro, para a que o líquido e o po teñen o mesmo índice de refracción.