chumbada

chumbada

(< 1 chumbo)

  1. s f

    Anaco de metal ou calquera outro material pesado que se ata no extremo dun fío e que serve para marcar a verticalidade.

    Ex: Se comprobas a inclinación desa parede verás que a chumbada non está vertical.

    Sinónimos: chumbeiro.
  2. s f [PESCA]

    Peza ou conxunto de pezas de chumbo que se colocan nas liñas ou nos aparellos de pesca e que serven para que a rede se afunda.

    Ex: Para coller fanecas precisas unha chumbada máis pesada.

    Sinónimos: chumbeiro.

Palabras veciñas

chumar | chumazo | chumbaceira | chumbada | chumbar | chumbear | 1 chumbeira