chusinga
chusinga
Nome científico:
[Tetracerus cuadricornis, Fam dos bóvidos]
s
m
[ANIMAL]
Artiodáctilo ruminante duns 60 cm de altura na cruz. Os machos teñen catro cornos, caso único entre os bóvidos; dous situados entre as cuncas orbitais, que non chegan aos 3 cm, e os outros dous en posición normal, duns 12 cm de longo. Vive nas chairas da India.