chuzo

chuzo
  1. s m

    ara longa de madeira cun aguillón no extremo, usada para aguilloar os animais ou para outros labores.

    Ex: Dálle co chuzo ós bois para que se movan.

    Sinónimos: aguillada.
    1. s m

      Pao ou vara co extremo aguzado. Ex: Espétalle uns chuzos nos extremos da leira para marcala.

      Ex: Espétalle uns chuzos nos extremos da leira para marcala.

    2. chuzo do palleiro

      Pao que se coloca verticalmente no centro do palleiro para mantelo en pé. Ex: Movéuselle o chuzo ao palleiro e caeu toda a palla polo chan.

      Ex: Movéuselle o chuzo ao palleiro e caeu toda a palla polo chan.

  2. s m

    Instrumento composto por un mango de madeira ou outro material provisto dunha punta no extremo que serve para facer os furados por onde meter a agulla.

    Ex: Os zapateiros usaban o chuzo para furar a sola antes de cosela.

    Sinónimos: subela.

Frases feitas

  • Caer/chover a chuzos. Chover de forma abundante.

Palabras veciñas

chuza | chuzada | chuzar | chuzo | Chylocladia | Chytilová, Věra | Ch’angwŏn