cianina

cianina

(< cian- + -ina)

  1. s f [QUÍM]

    Antocianina responsable da coloración das rosas vermellas.

  2. colorantes de cianina [QUÍM/IND]

    Grupo de colorantes catiónicos de molécula constituída por dous núcleos heterocíclicos unidos por unha cadea polimetínica, descubertos por C. G. Williams en 1856. O seu grupo cromóforo é o sistema polimetínico de dobres enlaces conxugados cos dous heteroátomos terminais. Os dous heterociclos das cianinas propiamente ditas están nitroxenados e os das cianinas aniónicas, ou oxonois, están osixenados, mentres que nas merocianinas un ciclo contén nitróxeno e outro osíxeno. Algunhas cianinas aplícanse nas emulsións fotográficas, sensibles tan só á luz violeta e azul, para sensibilizalas ao verde e ao amarelo (emulsións ortocromáticas) ou a todo o espectro visible (emulsións pancromáticas).

Palabras veciñas

cianhidrina | ciani- | ciánico -ca | cianina | cianita | Ciano, Galeazzo | ciano-