cicadáceo -a
cicadáceo -a
(< lat científico Cycas)
-
adx
Relativo ou pertencente ás cicadáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Ximnosperma da familia das cicadáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas da clase das cicadatas constituída por unhas 65 especies actuais e un gran número de fósiles de plantas que viviron desde o Carbonífero ata comezos do Xurásico. Son plantas arborescentes semellantes ás palmeiras ou aos fentos, cunha roseta de grandes follas pinnadas no ápice do talo. As especies actuais son propias dos países intertropicais e subtropicais, e algunhas, cultivadas como ornamentais, danse nos xardíns dos países temperados. O xénero máis representativo é Cycas.