cicindélido -da
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos cicindélidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Coleóptero da familia dos cicindélidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de coleópteros adéfagos, representada en todo o mundo por máis de 1.500 especies. Polo xeral son de cor verde metálica, con pintas vermellas e brancas. Son depredadores e os máis feroces de entre os insectos; aliméntanse de larvas de toda clase, de gasterópodos terrestres e doutros insectos. De costumes diúrnos, viven en lugares areosos, como praias ou ribeiras de ríos, regatos e camiños, nas marxes de campos cultivados e nos claros dos bosques. A familia, con 16 especies na Península Ibérica e nas Illes Balears, está representada en Galicia por: Cicindela hybrida riparioides, Cicindela campestris campestris, Cicindela maroccana pseudomaroccana, Lophyridia littoralis littoralis e Lophyra flexuosa.