ciclopropano

ciclopropano

(< ciclo- + propano)

s m [MED]

Gas empregado para anestesia humana desde o ano 1929, segundo a técnica do circuíto pechado e mesturado con osíxeno. O seu uso abandonouse por mor do perigo de explosión que comporta e pola aparición doutros produtos que o substitúen.