Cid

Cid
  1. [ONOM]

    Forma castelá correspondente ao apelido galego Cide.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe procedente de Guede, en Allariz. Espallouse por Zamora, Huesca e Toledo. Unha rama pasou a Portugal e outra a Chile. As súas armas levan, en campo de sinople, unha banda de ouro cargada dunha cotiza de goles. Outra variante trae, en campo de ouro, unha torre parda, de sable, ameada, cun brazo armado saíndo pola porta cunha espada núa na man. Os da casa de Guede, Barbadás e Ourense ostentan como armas, en campo de ouro, unha banda de goles. Algúns de Galicia empregan, en campo de sinople, unha banda de goles perfilada de ouro, e outros, en campo de ouro, unha torre de sable, e saíndo da súa porta, un brazo armado da súa cor empuñando unha espada de prata. Os de Chile utilizan un escudo cortado: a primeira partición, en campo de azul, con cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; a segunda partición, en campo de ouro, cunha barra de sinople. Os de Portugal usan, en campo de azul, cinco vieiras de ouro, postas en aspa.

Palabras veciñas

CICS | cicuta | cicutina | Cid | Cid | Cid Cabido, Xosé | Cid Carriega, Luís