Cifontes
Cifontes
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural da vila de Sete Fontes, preto da cidade portuguesa de Braga, que emprega tamén a forma Cifuentes. Unha rama pasou a Perú. As súas armas levan, en campo de azul, un león rampante de prata; bordo do mesmo metal, con catro cruces planas de sinople. Algúns ostentan, en campo de prata, cinco armiños de sable, postos en aspa; bordo de goles, con oito aspas de ouro.