cilindrado

cilindrado

(

  1. s m [TECNOL]

    Torneado que ten por finalidade obter unha peza exteriormente cilíndrica no que o movemento de avance, conseguido por medio da transmisión do movemento da barra de cilindrar ao carro principal, é paralelo ao eixe da peza.

  2. s m [IND]

    Operación de sacar brillo ao coiro pola acción dun rolo a presión.

  3. s m [TÉXT]

    Operación de acabado dos tecidos que consiste en facelos pasar polo cilindro para apisoar o gran, quitar o apresto ou satinalos.

Palabras veciñas

cilicio | cilindr(o)- | cilindrada | cilindrado | cilindrar | cilindricidade | cilíndrico -ca