Cine Club Coruña

Cine Club Coruña
[PUBLIC]

“Boletín informativo” bilingüe que se editou na Coruña. Estaba dividido nas seccións “Presentación”, “Cine galego”, “Colaboración” e “Filmografía”. A súa primeira etapa abrangueu dende 1974 ata 1975, anos nos que publicou varios monográficos en castelán sobre directores como Berlanga, Kurosawa ou Orson Welles, así como un estudo sobre o cine francés. Trátase de reportaxes documentadas con biografías, filmografías e gráficas. Máis tarde, na segunda época, que comezou en febreiro de 1976, o boletín converteuse en bilingüe, ao tempo que engadiu as seccións “O cine na Coruña”, “Crítica”, “Cine-club”, “Cine gallego”, “Lib cine” e “Televisión”. No apartado de colaboradores figuraban Eugenio Alonso Correa e Enrique Alonso Quintás.